* BLOG CREADO PRA ASIGNATURA DE FOGAR DO I.E.S ELVIÑA *

Traballo na clase

CONCEPTO DE ALIMENTACIÓN, NUTRICIÓN E DIÉTETICA.

      O Acto para comer e inxerir alimentos supón achegar ao organismo as substancias que necesitamos para vivir. Por exemplo, unha mazá achéganos auga, vitaminas, minerais, hidratos de carbono, etc., que o nosos corpo utiliza para repor o gastado no desenvolvemento das funcions vitais. O conxunto de alimentos que inxerimos debe cubrir as necesidades do noso organismo e achegar compoñentes promotores de saúde que aumentan a esperanza e calidade de vida.

A ALIMENTACIÓN.

É o conxunto de accións mediante as cales proporcionanse alimentos ao organismo. Abarca a selección de alimentos, o seu cociñado e a sua inxestión.
Depende das necesidades individuais, dispoñibilidade de alimentos, cultura, relixion, situación socioeconómica, aspectos psicoóxicos, publicidade, mode, etc. Os alimentos achegan sustancias que denominamos nutrientes, que necesitamos para o mantemento da súde e a prevención de enfermidades.

A NUTRICIÓN

É a ciencia que comprende todos aqueles procesos mediante os cales o organismo incorpora, transforma e utiliza, as substancias químicas 
(nutrientes) contidas nos alimentos. O corpo humano necesita os nutrientes para levar a cabo distintas funcións:

- Cubrir as necesidades enerxéticas
- Formar e manter as estruturas corporais 
- regular os procesos metabólicos
Previr enfermidades relacionadas coa nutrición

A DIETÉTICA

É unha ciencia intimamente relacionada con elas, xa que esta, ocúpase de avaliar a idoniedade das dietas, formular recomendacions para melloralas, modificalas con fins terapeuticos, etc.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario