* BLOG CREADO PRA ASIGNATURA DE FOGAR DO I.E.S ELVIÑA *

Traballo na clase.

ENERXÍA E NUTRIENTES.

O noso organismo necesita obter enrxía diariamente para satisfacer tres necesidades fundamentais:
- Gasto metabólico basal: cantidade de enerxía mínima necesaria para o mantemento das funcións vitais en completo repouso.
- Acción termogénica dos alimentos: gasto de enerxía debido aos procesos da dixestión, absorción e metabolismo, tras o consumo de alimentos.
- Actividade física : consumo de enerxia por actividade.

Os principais tipos de lípidos son: triglicéridos, fosfolípidos e colesterol.

OS NUTRIENTES

Substancias integrantes dos alimentos cuxa ausencia da dieta ou o seu aporte insuficiente a través desta, ocasiona unha enfermidade carencial, que se corrixe ao fornecer o nutriente concreto.

TIPOS

Auga 


É  o compoñente maioritario do organismo e é esencial para o mantemento da vida. Está relacionada coa termorregulación e participa na mairía dos procesos que teñen lugar no organismo.

HIDRATOS DE CARBONO

 




Teñen unha función principalmente enerxética, poden clasificarse en : monosacáridos como a glicosa, disacáridos como a sacarosa e polisacáridos como o almidón.
A glicosa é a unidade basica dos hidratos de carbono. A maioría dos hidratos de carbono dos alimentos quedan transformados en glicosa tras a dixestión, a glicosa e a única fonte de enerxia que pode utilixar o cerebro.
A fibra é o conxunto de substancias de orixe vexetal, principalmente hidratos de carbono.
Hay dous tipos principais de fibra:
- A fibra insoluble inclúe celulosa, hemicelulosa, ligninas e outros compostos minoritarios.
- A fibra soluble inclúe pectinas, gomas, mucílagos, algunhas hemicelulosas e outros compoñentes .Algúns alimentos que conteñen fibra: Cereais integrais, legumes, verduras, froitas, e frutos secos.

Proteínas.
Teñen unha función principalmente estrutural de celulas e tecidos, e son esenciais para o crecemento, o mantemento e reparación dos tecidos.
Ademáis participan en múltiples procesos metabólicos no organismo.
As proteínas están constituídas por unidades mais sinxelas denominadas aminoácidos.
O valor nutritivo da proteína depende da proporción e cantidade dos aminoácidos esenciais que conteña .

Lípidos.

Son a principal reserva de enerxía do organismo e son esenciais para o correcto funcionamento do organismo, xa que:
- Forman parte das membranas celulares.
- Vehiculizan as vitaminas liposolubles .
- Son precursores de hormonas e sales biliares.
- Achegan acedos grasos esenciais ao organismo  .
- Dan palatabilidad aos alimentos.

Os principais tipos de lípidos son: triglicéridos, fosfolípidos e colesterol.
Existen os ácidos grasos trans, que proceden das graxas e que aparecen en moitos limentos de orixe industrial.

Vitaminas.
 Son sustancias indispensables para a vida e deben ser achegadas pola dieta, a súa carencia provoca enfermidades que remiten cando se volven inxerir.

Vitaminas Hidrosolubles.
- VITAMINA B1 OU TIAMINA
- VITAMINA B2 OU RIBOFLAVINA
- NIACINA OU VITAMINA B3
- VITAMINA B6 OU PIRIDOXINA
- ÁCIDO FÓLICO
- VITAMINA B12 OU CIANOCOBALAMINA
- VITAMINA C
Vitaminas Liposolubles  
- VITAMINA A OU RETINOL
- VITAMINA D
- VITAMINA E
- VITAMINA K
- MINERAIS: Son elementos inorgánicos con función reguladora e estrutural no organismo son esenciais, ao non  poder ser sintetizados polo organism, polo que deben ser achegados pola dieta.A súa deficiencia dá lugar a estados carenciais que reverten ao incorporarse de novo a ésta.

Macrominerales
- CALCIO
- FÓSFORO
- MAGNESIO
- SODIO E POTASIO

Oligoelementos
- FERRO: O ferro forma parte da hemoglobina do sangue. Ademáis participa en múltiples reaccións no organismo. A deficiencia en ferro causa anemia, bastante habitual em mulleres en idade fértil.
- CINC: Este mineral está presente en moitos encimas relacionados co crecemento, reproducción, a súa deficiencia pode provocar atraso no crecemento . As fontes principais de cinc son as carnes, mariscos, peixes, leite e legumes.
- YODO: A función máis importante do yodo, é a de ser parte integral das hormonas tiroideas. A súa deficiencia provoca bocio ( crecemento da glandula tiroides ). As principais fontes dietéticas son os peixes e mariscos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario